Fraternidad-Muprespa en Barcelona realiza unha xornada sobre prevención no Colexio Maristes Sants-Les Corts

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

No marco da II Semana da Prevención organizada pola Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa para o 2017, quixemos levar  a “cultura preventiva” ás escolas, profesores e alumnos.

Os nenos de hoxe serán os futuros traballadores e empresarios do mañá, os que incorporen no seu interior o valor da Prevención de forma inconsciente e, polo tanto, o leven á práctica de forma natural.

Por este motivo , a Dirección Provincial de Fraternidad-Muprespa en Barcelona, coa colaboración da Fundación Champagnat (Colexios Maristes) organizou o día 24 de abril no Colexio Maristes Sants-Les Corts unha xornada de Prevención para todos os alumnos  de  6º de Primaria.

A charla foi impartida por Óscar Luquin, técnico de Prevención Superior de Fraternidad-Muprespa en Barcelona.

A xornada foi moi ben recibida polos 100 asistentes, entre eles profesores e alumnos, que mostraron grande interese nos temas expostos.

¿Te ha resultado útil?