
FRATERNIDAD MUPRESPA, EN PROCESO DE ADHESIÓN AO REGULAMENTO EMAS III NO SEU CENTRO DE ALCOBENDAS
Ao longo do mes de marzo de 2011 desenvólvense no centro de traballo "Sienna" de Alcobendas de Fraternidad Muprespa unha serie de auditorías internas e externas, co fin de auditar o novo sistema de xestión ambiental conforme ao Regulamento EMAS III. Fraternidad Muprespa acumula experiencia neste campo dende o ano 2005, coa certificación e o mantemento dun Sistema de Xestión Ambiental conforme á norma UNE-NISO 14001 deste mesmo edificio.
A adhesión ao Regulamento EMAS III supón un recoñecemento a nivel europeo baseado na transparencia da organización ao publicar de forma anual a súa Declaración Medioambiental. Así mesmo, tamén se acentúan os esforzos por involucrar a todo o persoal na xestión medioambiental do edificio, tal e como se considera na Política de Medio Ambiente, para o cal se dispón xa de diversas canles de comunicación interna que permiten informar, divulgar e recompilar experiencias e expectativas dos empregados.
Trátase dun paso máis cara á consolidación do compromiso adquirido por Fraternidad Muprespa coa conservación do medio ambiente e o desenvolvemento sostible, todo iso enmarcado nas liñas de actuación que se veñen desenvolvendo en favor da Responsabilidade Social Empresarial. Neste ámbito, cómpre salientar que dende Fraternidad Muprespa se vén apoiando a difusión de movementos de Nacións Unidas coma 2010 Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica e 2011 Ano Internacional dos Bosques. Para iso, divúlgase a través da web corporativa información sobre especies en risco de extinción e sobre a protección dos bosques, con especial atención a aqueles bosques xeograficamente máis próximos, máis singulares e máis representativos.
Invitamos a todo aquel que estea interesado en obter máis información sobre a xestión ambiental de Fraternidad Muprespa, ou que queira achegar suxestións ao respecto, a poñerse en contacto connosco a través do teléfono 902 363 860 ou a xanela de atención electrónica, Contacte connosco, do noso portal web corporativo.
Enlace 2011 Ano Internacional dos Bosques
Enlace 2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"