
FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZA EN VALENCIA UNHA XORNADA SOBRE OS CRITERIOS DE PRL
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, realizou o 14 de marzo unha xornada en colaboración coa Asociación Profesional de Asesores Fiscais da Comunidade Valenciana, a Confederación de Organizacións Empresariais da Comunidade Valenciana-CIERVAL, INVASSAT e a Inspección de Traballo, sobre a importancia dos “Criterios Técnicos en Prevención de Riscos Laborais ante a visita da Inspección de Traballo e do INVASSAT”.
A sesión iniciouse coa presentación por parte do secretario xeral de CIERVAL, D. Javier López, e o responsable de Formación da Asociación Profesional de Asesores Fiscais da Comunidade Valenciana, D. Victor Martínez, que introduciron a temática que se ía tratar.
Posteriormente tomaron a palabra D. Antonio Moreno, xefe adxunto da Inspección de Traballo, D. Salvador Puigdengolas, director técnico do INVASSAT, e D. David Balmaseda, técnico superior de PRL da Mutua Fraternidad-Muprespa, os cales realizaron unha profunda disertación mostrando unha visión práctica dende as diferentes entidades oficiais e atraeron a atención dos oíntes cunha ampla participación destes.
Clausurou a xornada D. Jordi de Vicente, director provincial de Fraternidad-Muprespa, quen destacou a visión práctica da xornada dende a óptica dos principais axentes.
Finalmente agradeceu a participación tanto dos diferentes organismos oficiais, coma dos asistentes, e deu por pechado o acto.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"