
FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UN TALLER DE COSTAS SAS EN ZARAGOZA
O pasado 9 de marzo, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa de Zaragoza realizou nas súas instalacións un "Taller de Costas Sas", sesión divulgativa e eminentemente práctica, dirixida a persoal docente de colexios asociados.
Dª Eva Ramón Arbués, directora provincial de Fraternidad-Muprespa en Zaragoza, presentou o taller de costas sas e recalcou a importancia da Prevención de Riscos Laborais nas empresas.
O taller, composto dunha parte teórica e outra práctica, foi dirixido por Dª Ronsel Covas Franco e D. Eduardo Borderías Blasco, fisioterapeutas do centro.
Estes profesionais explicaron unha serie de exercicios e estiramentos para adquirir hábitos posturais saudables, previr problemas e/ou lesións, e corrixir e fortalecer a nosa columna.
Tamén interveu brevemente o técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, D. José Luis Fernández Medina, quen comentou os riscos posturais específicos do persoal docente e explicou recomendacións sobre boas prácticas nesta materia.
Fraternidad-Muprespa continúa a súa aposta pola formación, a transparencia e a colaboración con diferentes organismos e entidades.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"