FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN BARCELONA

Recensión de xornada
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, realizou o pasado 10 de febreiro, na aula de formación da Dirección Provincial da Entidade en Barcelona, unha sesión divulgativa sobre os Criterios técnicos en PRL fronte á visita da Inspección de Traballo.

A sesión iniciouse coa presentación por parte do director provincial de Barcelona, D. Jordi Batalla Canyelles, e foi impartida por D. Oscar Luquin Martí, técnico de Prevención de Riscos Laborais. A presentación forma parte das accións do programa de actividades preventivas que desenvolve o Departamento de Prevención.

A xornada contou coa asistencia de responsables das áreas de prevención e recursos humanos de distintas empresas asociadas. Nesta expuxéronse os mecanismos de funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade Social, así como aspectos e criterios que axuden a interpretar e aplicar a normativa en Prevención de Riscos Laborais.

Para rematar, o grupo de asistentes formulou cuestións de grande interese para o colectivo asistente.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?