
MES DA SEGURIDADE NA EMPRESA LA ROBLA - MASAVEU
Cementos Tudela Veguin, na súa fábrica de La Robla de León, clausurou "O mes da seguridade", cun sinxelo acto ao que acudiu todo o persoal destinado nesas instalacións.
O obxectivo foi o recoñecemento a todo o persoal da fábrica polos excelentes datos de accidentalidade, que durante este mes se reduciron a mínimos históricos.
O acto contou coa presenza do director da fábrica, Pedro de Lama López, e Rodrigo Pomar, responsable de seguridade da factoría, o director de Fraternidad-Muprespa en Asturias, Pedro Fernández Castaño, e o técnico en Prevención de Riscos Laborais José Beltrán García.
Todos resaltaron o compromiso da dirección, sindicatos e empregados pola aposta en seguridade, destacando que o esforzo de todos supón unha garantía para os traballadores nas súas angueiras laborais diarias.
O responsable de seguridade, Rodrigo Pomar, entregou unha placa de recoñecemento á sección de Produción, pola súa especial implicación na redución dos accidentes.
Ao Grupo Masaveu e Fraternidad-Muprespa únenlles máis de vinte e cinco anos de excelente colaboración e foi unha honra que puideran colaborar neste acto, onde se reflicte o compromiso e interese mutuo para reducir a accidentalidade.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"