NOVO CADRO SOBRE ENFERMIDADES PROFESIONAIS DA SEGURIDADE SOCIAL

Normativa
Autor
Boletín Oficial do Estado (BOE)

REAL DECRETO 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.

A Declaración para o Diálogo Social, subscrita en xullo de 2004 polo Goberno, as organizacións sindicais e as organizacións empresariais, estableceu o marco xeral de prioridades no ámbito sociolaboral, dentro das cales se presta especial atención ao sistema de Seguridade Social.

As partes asinantes da declaración indicada subscribiron o día 13 de xullo de 2006 un Acordo sobre medidas en materia de Seguridade Social, entre as cales se inclúe a aprobación dunha nova lista de enfermidades profesionais que, seguindo a Recomendación 2003/670/CE da Comisión, do 19 de setembro de 2003, relativa á lista europea de enfermidades profesionais, adecúe a lista vixente á realidade produtiva actual, así como aos novos procesos produtivos e de organización. Tamén se acordou modificar o sistema de notificación e rexistro, coa finalidade de facer aflorar enfermidades profesionais ocultas e evitar a infradeclaración destas enfermidades.

Os principais aspectos deste acordo son:

  • 1- Aprobación dun novo cadro de enfermidades profesionais así como a lista complementaria de enfermidades.
  • 2- Modificación do mecanismo de iniciación do trámite de enfermidade profesional actualmente en vigor, nos seguintes termos: A entidade xestora ou colaboradora que asuma a protección das continxencias profesionais deberá elaborar e tramitar o parte de enfermidade profesional correspondente, nos termos que establezan as disposicións de aplicación e desenvolvemento. Ademais a empresa deberá facilitar á entidade xestora ou colaboradora a información que obre no seu poder e que sexa requirida para a elaboración do parte indicado no apartado anterior.
  • 3- Comunicación de enfermidades que poderán ser cualificadas como profesionais. Cando os facultativos do Sistema Nacional de Saúde, con ocasión das súas actuacións profesionais, tivesen coñecemento da existencia dunha enfermidade das incluídas no anexo 1 que poderá ser cualificada como profesional, ou ben das recollidas no anexo 2, e cuxa orixe profesional se sospeita, comunicarano para os efectos oportunos.

 

Descárguese o NOVO CADRO SOBRE ENFERMIDADES PROFESIONAIS DA SEGURIDADE SOCIAL.

¿Te ha resultado útil?