O SECRETARIO DE ESTADO DA SEGURIDADE SOCIAL INAUGUROU EN LEÓN A EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

A exposición itinerante "Traballo e Saúde: dende a protección á prevención" foi inaugurada en León o 11 de febreiro onde estará ata o próximo 20 de marzo.

No acto interviñeron o Secretario de Estado para a Seguridade Social, Octavio Granado, o Vicepresidente segundo da Junta de Castilla y León Tomás Villanueva, a Secretaria de Saúde Laboral de UXT, Marisa Rufino, o presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez, o Director Xerente de Fraternidad Muprespa, Carlos Aranda, e o comisario da exposición, Emili Castejón.

Octavio Granado nas súas declaracións indicou que é necesario gastar máis en prevención e menos en evitar as consecuencias das enfermidades.

O Presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez insistiu na necesidade de fomentar a cultura da prevención e que esta se instaure nas empresas.

Carlos Aranda insistiu en que a mellora das condicións de traballo é un labor de todos e, malia avanzarmos moito neste terreo, aínda queda moito por facer. Engadindo que a divulgación e a sensibilización son básicas.

A exposición está situada no Museo de León, Edificio Pallarés na Praza de Santo Domingo, 8 e despois continuará o seu percorrido por cidades como Xixón e A Coruña.

 


Descargar TRÍPTICO
Acceder UBICACIÓ DE L'ESPOSICIÓ

Acceder EXPOTRABAJOYSALUD.ES
"Su Mutua - Calidad y Servicio, 365 días al año"
¿Te ha resultado útil?