A súa opinión, o noso termómetro, vostede, o noso especialista

Recensión de xornada
Autor
Fraternidad-Muprespa

O ben que fixemos dános unha satisfacción interior, que é a máis doce de todas as paixóns” (René Descartes).

Quizais poida sorprendernos coñecer que o termo 'satisfacción’ ocupa a posición 1.958 da lista de termos máis usados do dicionario español. Quere dicir isto que non nos preocupan demasiado as expectativas ou opinións que os demais poidan ter de nós?

As necesidades e intereses das persoas non permanecen invariables no tempo, senón que se renovan e evolucionan. En Fraternidad-Muprespa quixemos escoitalos para obter unha fotografía que nos achegue unha maior e máis precisa información sobre aquilo que queren, valoran ou consideran.
Coñecer con certeza que é o que o cliente require e como podemos ofrecerllo suscitou en nós a pregunta. Estamos a cumprir co que se espera de nós?

Para conseguir esa retroacción esencial, Fraternidad-Muprespa realizou durante o ano 2016 máis de 13.000 enquisas a través de curtos e rápidos cuestionarios entre aqueles pacientes e traballadores que foron atendidos na nosa rede de centros asistenciais, tanto propios coma concertados. Desta análise extraeuse que o rendemento percibido sobre o noso servizo alcanzou unha nota media de 8,25, superando a percepción obtida do pasado ano. Malia que puidese considerarse o dato como positivo, non queremos descoidarnos do noso verdadeiro obxectivo, a mellora continua.

As suxestións e observacións recibidas a través destes cuestionarios supuxeron unha fonte de información moi importante, contribuíndo inestimablemente na identificación daqueles aspectos nos que podemos e nos comprometemos a mellorar.

Non queremos manternos unicamente na superficie e continuaremos requirindo a súa proactividade, a súa opinión, non desaproveitando ningún dato que poida proporcionarnos para continuar optimizando o noso compromiso.

Grazas por dedicarnos parte do seu tempo.


¿Te ha resultado útil?