
TELEFÓNICA SS.AU., EMPRESA ASOCIADA A FRATERNIDAD-MUPRESPA, OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE
Telefónica, empresa asociada á Mutua colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, recibiu da man de Applus+, primeira multinacional de certificación, inspección e ensaios de España, a certificación de Empresa Saudable, que ten unha validez trianual e seguimento anual.
A Certificación do Modelo de Empresa Saudable SGIS identifica e permite diferenciar organizacións comprometidas coa saúde, seguridade e benestar dos traballadores e a sostibilidade do seu ambiente de traballo.
O xerente do Servizo Mancomunado e Prevención de Riscos Laborais, Dirección RRHH e Transformación de Telefónica D. José Francisco Rodríguez recibiu a certificación en nome de Telefónica.
Telefónica é a primeira empresa do sector das telecomunicacións certificada por Applus+ baixo este referencial.
Dende Fraternidad-Muprespa dámoslle a Telefónica a nosa máis sincera felicitación polo certificado obtido.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"