TODO O QUE QUERES SABER SOBRE XESTIÓN DE AT E CC NAS MUTUAS

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade social, continua o curso con forza e nesta ocasión realizou en Sevilla unha atractiva xornada na que se trataron todos os aspectos relacionados coa “Xestión de AT e CC polas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social”.

Mª Dolores Jariego Oyola, directora provincial de Fraternidad-Muprespa en Sevilla, foi a encargada de presentar a xornada e de dar a benvida a todos os asistentes, neste caso representantes de empresas asociadas.

O obxectivo desta xornada foi asesorar os asistentes sobre a xestión das continxencias comúns e o accidente de traballo, dende o minuto un en que se produce, ata o momento no que o traballador ou traballadora está de alta médica. Mª Dolores Jariego tamén fixo unha ampla exposición sobre as prestacións de risco de embarazo; CUME (Coidado do Menor Enfermo) e o cesamento de actividade de traballadores autónomos.

Posteriormente, os presentes tiveron a oportunidade de compartir nun intenso debate o que supón para as empresas os altos índices de absentismo que se están a producir ao longo deste último ano, ademais, comentáronse propostas e diferentes puntos de vista para afrontar dun xeito positivo esta situación.

Esperamos que Fraternidad-Muprespa, con este tipo de xornadas, esteamos a axudar a nosas empresas mutualistas.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?