VALERIANO GÓMEZ VISITA EN XIXÓN A EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA, FUNDACIÓN LARGO CABALLERO E INSHT

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 31 de marzo, o Ministro de Traballo e Inmigración visitou en Xixón a exposición itinerante "Traballo e saúde: dende a protección á prevención". 

Valeriano Gómez falou do dereito irrenunciable a traballar nas mellores condicións de hixiene e seguridade e tamén dos procesos, ás veces dolorosos, que seguiron os traballadores ata chegar á situación actual.

Da exposición salientou que "supón unha chamada de atención, para que se reduzan ou eliminen as situacións de risco e se evite que o traballador sufra, enferme ou perda a súa vida a causa do traballo".
Entre as personalidades que acompañaban ao ministro, estaba a alcaldesa de Xixón, Paz Fernández Felgoso, que agradeceu que a mostra se encontre na súa cidade.

O presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez, falou do obxectivo primordial da exposición que é "a divulgación da cultura da prevención".

O director xerente da mutua Fraternidad Muprespa, Carlos Aranda, destacou "o compromiso das mutuas de accidentes de traballo na educación e sensibilización para mellorar a prevención no traballo".

O comisario da exposición Emili Castejón, do INSHT, recordou que a exposición mostra un percorrido pola historia da prevención en España.

O director do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais, Manuel Carlos Barba, insistiu na necesidade de seguir impulsando políticas para mellorar a seguridade dos traballadores, contando co apoio das diferentes administracións.

A exposición,que está na igrexa da Universidade Laboral de Xixón, estará aberta ata o próximo 8 de maio.



 


ENLACE LOCALIZACIÓN DO EVENTO
Descarga INVITACIÓN AO EVENTO
Descarga TRÍPTICO DO EVENTO
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?