
XESTIÓN DO ACCIDENTE DE TRABALLO, XORNADA ORGANIZADA POR FRATERNIDAD-MUPRESPA EN BARCELONA
O pasado 9 de marzo, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, realizou na aula de formación da Dirección Provincial da Mutua en Barcelona unha xornada divulgativa sobre a “Xestión integral do accidente de traballo”.
D. Oscar Luquín Martí, técnico superior de Prevención de Riscos Laborais, desenvolveu de forma moi amena un relatorio sobre o programa de actividades preventivas que organiza o Departamento de Prevención.
O acto contou coa asistencia de persoas que xestionan os accidentes de traballo na súa empresa, aos que se lles expuxo unha visión integral do accidente de traballo, que abrangue a atención ao accidentado, a xestión administrativa e a investigación do accidente.
Resultou ser unha xornada con alta participación na que consideraron cuestións moi interesantes por parte do colectivo asistente.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"