Xornada en Plasencia sobre prestacións especiais en Fraternidad-Muprespa

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O día 18 de maio, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, organizou na delegación de Plasencia un acto dirixido os asesores da Mutua da zona, no que trataron "A xestión das prestacións especiais en Fraternidad-Muprespa".

Presentou o acto o director da delegación da Mutua en Plasencia, Narciso Cano Conejero, quen, tras agradecer a súa presenza aos representantes dos despachos profesionais, cedeu a palabra a Jesús Velasco García, asesor técnico da Dirección Provincial de Cáceres, quen realizou unha introdución sobre a situación actual do sector tras a entrada en vigor da última Lei de Mutuas.

A continuación, tomou a palabra o director da delegación de Plasencia, quen desenvolveu un relatorio sobre a xestión das prestacións especiais en Fraternidad-Muprespa.

Ao seu termo, xerouse unha quenda de preguntas, que contou coa participación dos presentes, o que demostrou o interese de todos por colaborar na xestión destas prestacións especiais, de indubidable contido social por dirixirse ao colectivo de traballadores economicamente máis desfavorecido.

Clausurou a xornada Narciso Cano Conejero, quen, tras volver agradecer aos presentes a súa presenza e participación, manifestou a absoluta disposición de Fraternidad-Muprespa para organizar e colaborar neste tipo de eventos relativos a materias propias da súa xestión, ademais de animar os presentes a propoñer todas as temáticas que sexan do seu interese.

¿Te ha resultado útil?