Fraternidad-Muprespa recoñece a SUEZ España pola súa baixa sinistralidade
O Colaborador mutuo coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa recoñeceu a SUEZ España, nas súas instalacións de Madrid, pola suma de bos resultados na súa aposta pola prevención de riscos laborais e a redución da sinistralidade laboral nas diferentes empresas do grupo, en todo o territorio español.
Fraternidad-Muprespa entregou a SUEZ o diploma acreditativo Bonus, correspondente aos exercicios comprendidos entre os anos 2009-2016, regulado polo Real Decreto 404/2010. Este recoñecemento destaca o traballo desenvolvido en materia de prevención de riscos laborais, procurando cada ano a mellora continua das condicións de traballo. A aplicación das novas tecnoloxías e a dixitalización dos sistemas están a axudar á empresa a estar á vangarda dos avances en prevención de riscos.
Na última década, SUEZ conseguiu reducir nunha sexta parte a sinistralidade dos traballadores: esta cifra sitúa á empresa na parte inferior da sinistralidade entre as empresas do sector da auga en España.
Este incentivo é entregado pola Dirección Xeral de Xestión da Seguridade Social a través de Fraternidad-Muprespa, xestionando as súas propostas unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa vixente.
No caso de SUEZ, dende 2009 tramitáronse como favorables un total de 208 solicitudes repartidas entre 40 empresas distintas do grupo.
XPROTXe99f2c79 7.524.975,93 euros.
Asunción Martínez, Directora de Concesións de SUEZ, agradeceulle o recoñecemento e destacou “a importancia da prevención de riscos laborais para SUEZ, que é unha auténtica obsesión e que se evidencia ao querer reducir a súa sinistralidade nun 30%, en función do ano 2016 ata 2021”.
Carlos Aranda, director xerente de
Neste acto tamén estiveron presentes Josep Maria Verdejo, Director de Seguridade e Saúde de SUEZ España,Nuria Catalá, responsable de S&SL na área de Concesións e Josep Maria Deus, Director de Comunicación de SUEZ.
Por Fraternidad-Muprespa Natalia Fdez. Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación e Eduardo Sanz, director territorial da Meseta Sur da Mutua.