
XORNADA DE FRATERNIDAD-MUPRESPA EN AVILÉS COA PARTICIPACIÓN DO INSTITUTO ASTURIANO PRL E LA CURTIDORA
A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, colaborou o pasado 16 de febreiro co Centro de Empresas “La Curtidora” do Concello de Avilés e o Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais impartindo unha xornada baixo o título Como poden xestionar a prevención gratuitamente as pequenas empresas e os autónomos?
A presentación do acto foi realizada polo concelleiro de Promoción Económica do Concello de Avilés, D. Manuel Campa Menéndez, quen avanzou os contidos que se ían tratar na xornada e presentou a directora do Instituto Asturiano de Prevención.
A continuación interveu Dª Miryam Hernández Fernández, directora do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais, quen agradeceu ao centro de empresas do Concello de Avilés “La Curtidora” e á Mutua Fraternidad-Muprespa o seu convite. Na súa intervención destacou que “é unha oportunidade para reforzar a cultura preventiva no tecido empresarial asturiano e destacou a importancia de conseguir unha verdadeira integración da prevención na xestión empresarial, co fin de que sexa unha realidade e non só un formalismo destinado a cumprir coa lexislación vixente na materia”. Por outra banda, ofreceu a colaboración por parte do Instituto Asturiano de PRL, para o asesoramento efectivo ante calquera situación relacionada co seu ámbito.
Para rematar, D. José Beltrán García, técnico superior de Fraternidad-Muprespa, debullou de modo práctico a ferramenta Prevencion10.es, desenvolvida polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dirixida ás empresas de ata 25 traballadores e traballadores autónomos, para que poidan realizar a autoavaliación dos seus riscos e cumprir coas obrigas da Lei de prevención de riscos laborais de xeito doado e gratuíto.
Fraternidad-Muprespa concluíu agradecendo aos numerosos asistentes a súa presenza e o interese demostrado pola temática da xornada.