
CORREOS, EMPRESA ASOCIADA A FRATERNIDAD-MUPRESPA, OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE
Correos, empresa asociada á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, recibiu da man de Applus+, primeira multinacional de certificación, inspección e ensaios en España, a certificación de Empresa Saudable, que ten validez trianual e seguimento anual.
Esta certificación recoñece e diferencia as compañías comprometidas coa seguridade, o benestar e a saúde dos empregados, como Correos, que é a primeira empresa pública que a obtivo en España.
O director de Recursos Humanos, D. Luis Pérez Capitán, recibiu a certificación en nome de Correos.
Un ámbito de traballo saudable é aquel no que todos os traballadores colaboran nunha mellora continua coa que promover e protexer a saúde, seguridade e benestar da empresa, para garantir o cumprimento das normativas medioambientais e de calidade.
Como empresa segura, saudable e sostible, ademais débese cumprir coa legalidade en Prevención de Riscos Laborais, xestionando a saúde dos traballadores dende un enfoque integral e considerar a saúde en todas as políticas da empresa.
Dende Fraternidad-Muprespa dámoslle a Correos a nosa máis sincera felicitación polo certificado obtido.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"