Fraternidad-Muprespa adhírese ao convenio “Máis Mulleres. Mellores Empresas”

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, asinou o convenio de colaboración “Máis mulleres. Mellores empresas” co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para impulsar a promoción profesional de mulleres e a súa presenza en postos de responsabilidade nas empresas.

Este convenio xestiónao o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, e ten por obxecto establecer un marco de colaboración entre a Mutua e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para fomentar a participación equilibrada de mulleres e homes nos postos de alta responsabilidade, incluídos os comités de dirección. Isto realizarase nun prazo de catro anos.

O acto de adhesión contou coa presenza do secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Mario Garcés, acompañado da directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, Lucía Cerón.

O compromiso inclúe medidas dirixidas a prestar especial atención nos procesos de selección, promoción profesional e formación interna para que se leven a cabo con equidade e exista unha presenza máis equilibrada neles de mulleres e homes.

Carlos Aranda, director xerente da Entidade, recibiu un diploma da empresa de mans do secretario de Estado e da directora do Instituto da Muller e para Igualdade de Oportunidades.

Posteriormente, Carlos Aranda e Manuel Porrua, director do centro de Recursos Humanos e RSC, ratificaron a adhesión de Fraternidad-Muprespa á campaña HeforShe, impulsada por ONU Mulleres, que implica a homes e nenos na eliminación das barreiras sociais e culturais que impiden a plena igualdade.

¿Te ha resultado útil?