
FRATERNIDAD-MUPRESPA COLABORA EN FORMACIÓN COA UNIVERSIDADE DE GRANADA
O 16 de novembro, dentro do Máster propio en Dereito da Seguridade Social da Universidade de Granada, participou como formador D. Miguel Ángel Quesada Moya, director de Comunicación, RR.II. e Afiliación da Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa.
Miguel Ángel forma parte do corpo docente que está formado por profesores universitarios, técnicos e letrados tanto da TGSS e do INSS, así como de profesionais doutros ámbitos que interveñen sobre as materias nas que desenvolven a súa vida profesional (SEPE, Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social).
No relatorio explicou o sector das mutuas, coas súas funcións, prestacións e servizos. Así como os novos cambios que xurdiron pola nova Lei de Mutuas.
O máster ten como finalidade obter un coñecemento exhaustivo da Seguridade Social, o seu marco normativo, ámbito subxectivo, xestión e financiamento do que formamos parte as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.
Unha vez máis, Fraternidad-Muprespa continúa a súa aposta pola formación, a transparencia e a colaboración con diferentes organismos e entidades.
" A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"