
FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN ZARAGOZA UNHA XORNADA SOBRE A XESTIÓN DO ACCIDENTE E ENFERMIDADE PROFESIONAL
O pasado 9 de marzo, Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, realizou en Zaragoza unha xornada informativa sobre a xestión integral do accidente de traballo e a enfermidade profesional.
A xornada foi conducida por D. José Luis Fernández Medina, técnico superior de Prevención de Riscos Laborais da Mutua, quen asesorou os presentes sobre a xestión do accidente de traballo e fixo fincapé nas obrigas que comporta unha boa xestión para o empresario, a atención ao accidentado, a xestión preventiva, a investigación do Accidente de Traballo e a análise dos custos que implica á empresa.
O público asistente estivo composto por persoal de administración, prevención, xestión e mandos intermedios de diversas empresas asociadas a Fraternidad-Muprespa, que se mostraron moi interesados.
Ao finalizar o relatorio, xerouse un interesante debate ao que se sumaron a directora provincial de Fraternidad-Muprespa en Zaragoza, Dª Eva Ramón Arbués, e as asesoras técnicas, Dª Belén Lázaro Valero e Dª Olga Moreno Acero.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"