FRATERNIDADE MUPRESPA INAUGURA NO PARQUE DAS CIENCIAS DE GRANADA A EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, do Ministerio de Traballo e Inmigración, a Fundación Francisco Largo Caballero, xunto coa nosa Mutua, Fraternidade Muprespa, organizaron esta exposición que percorrerá preto de 20 cidades españolas nos próximos dous anos.

O día 11 de Maio pasado quedou inaugurada a Exposición "Traballo e Saúde. Dende a protección á prevención", nun espazo reservado para esta no complexo do Parque das Ciencias da cidade de Granada.

O Director do Parque presentou o acto, dando a benvida aos organizadores e felicitando a iniciativa e a coincidencia cun dos obxectivos da institución, que mantén un pavillón permanente dedicado á prevención.

A continuación interviñeron o Presidente da Fundación Francisco Largo Caballero, Don Jesús Pérez, o Comisario da Exposición Don Emilio Castejón, a Directora do INSHT, Dona Concepción Pascual e o Director Xerente de Fraternidade Muprespa, Don Carlos Aranda.

A Exposición manterase en Granada ata o próximo mes de Setembro, dende onde pasará a instalarse en Albacete, e ten previsto percorrer preto de vinte cidades españolas.

Consta de seis seccións que percorren diversas etapas históricas das condicións de traballo, a mobilización dos traballadores pola mellora das devanditas condicións, a evolución da lexislación nesta materia e o coidado e a vixilancia da saúde. Todo iso no noso país.

Os 286 documentos, 71 obxectos, 129 fotografías, máis de corenta reproducións de gravados e carteis e escenas de traballo, acompañados de textos explicativos, ocupan máis de catrocentos metros cadrados. Un DVD de 17 minutos e catro de 3-5 minutos, complementan visualmente o percorrido.

Editouse un libro no que colaboran 17 especialistas e proximamente se poñerá en funcionamento unha páxina web que se manterá actualizada ao longo de todo o percorrido da mostra.

Así mesmo nas distintas localidades do percorrido celebraranse conferencias de expertos relacionados co tema e coas actividades laborais máis relevantes da zona.

Á inauguración asistiu persoal da Delegación Territorial de Andalucía e da Delegación de Granada de Fraternidade Muprespa, así como o Subdirector de Recursos Humanos e Prevención e o Subdirector de Coordinación.


Datos do evento:

Motivo: INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN".
Data: Martes, 11 de maio de 2010.
Lugar: Avda. da Ciencia, s/n, 18006. Granada.

EnlaceIr á Web do Parque das ciencias

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
¿Te ha resultado útil?