Técnica preventiva no marco da Medicina do Traballo que se encarga do seguimento periódico do estado de saúde dos traballadores mediante a práctica de recoñecementos médicos específicos e selectivos en función dos riscos inherentes a cada posto de traballo. Estes, xeralmente de carácter voluntario, deberán respectar en todo momento o dereito á intimidade e á dignidade da persoa e á confidencialidade da información.
