
Nova prestación extraordinaria de Cesamento de Actividade por COVID-19
Fraternidad-Muprespa axilizou os trámites para solicitar a nova prestación extraordinaria por Cesamento de Actividade para os afectados pola declaración do estado de alarma por COVID-19.
Poderá solicitar esta prestación se ben foi obrigado a pechar o seu negocio por imposición da declaración do estado de alarma (facilitámoslle unha ferramenta na que poderá comprobar se o seu CNAE está dentro dos afectados por esta circunstancia) ou, no caso contrario, se acredita unha perda de ingresos superior ao 75% respecto á media do semestre anterior.
Como queremos facilitarlle o máximo posible a tramitación desta nova prestación, a Mutua creou un novo modelo de solicitude (específico e simplificado) que lle requirirá encher a mínima información necesaria para poder cursar a súa prestación.
Unicamente deberá presentar como documentación adicional a esta solicitude:
- Unha copia do seu DNI, NIE ou pasaporte (por ambas as dúas caras)
- O modelo 145 de facenda, de comunicación de datos ao pagador (agás no País Vasco e Navarra)
O resto de documentación que se lle viña solicitando substituíuse pola sinatura dunha declaración responsable, incluída na propia solicitude.
Unha vez preparada a documentación antes sinalada, deberá remitila por correo electrónico ao enderezo da súa delegación.
Na seguinte listaxe poderá comprobar o seu centro máis próximo e o correo electrónico ao que deberá remitir a súa solicitude e resto de documentación.
Informámolo de que estamos a traballar en habilitar un novo servizo, na nosa Oficina Dixital, para que poida solicitar online esta nova prestación extraordinaria.
Manterémolo informado, pois estará dispoñible proximamente.