PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E SEGURIDADE ALIMENTARIA

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, colaborou coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Almería (ASHAL) nunhas xornadas sobre Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Alimentaria que se desenvolveron durante toda a semana. Estas estiveron dirixidas a traballadores de diferentes establecementos hostaleiros da capital almeriense.

Isabel Juan, directora de ASHAL, presentou a xornada e agradeceu a Fraternidad-Muprespa a súa colaboración neste proxecto. Tamén comentou a importancia de “formar de xeito  integral os traballadores deste sector”, resaltando a obrigatoriedade de cumprir de xeito estrito coas normas de seguridade en cociñas e establecementos semellantes.

Alfonso Gerez Miras, técnico do departamento de Prevención e Desenvolvemento da cultura da Saúde da Mutua, impartiu un interesante relatorio no que interactuou cos alumnos, explicándolles os riscos máis importantes no posto de traballo de axudante de cociña e as medidas preventivas de aplicación.

A xornada rematou coa valoración positiva dos alumnos, que demostraron grande interese na seguridade e saúde no posto de traballo.

Agradecemos a ASHAL  que contara coa nosa Entidade para a realización destas xornadas e quedamos á súa disposición para futuros eventos.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?