TIVO LUGAR EN TERUEL UNHA XORNADA DIVULGATIVA SOBRE A SEDE ELECTRÓNICA DA SEGURIDADE SOCIAL E LEI 27/2011

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado venres 4 de novembro, Fraternidad-Muprespa, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), realizaron nas novas instalacións da Dirección Provincial do INSS e a TXSS de Teruel, unha xornada sobre a Sede Electrónica da Seguridade Social e a Lei 27/2011.

A presentación e moderación da xornada foi realizada por D. Miguel Ángel Sola Lapeña, director provincial do INSS e a TXSS en Teruel, quen agradeceu a iniciativa de Fraternidad-Muprespa. Comentou diversos temas referentes á mal chamada Lei de pensións (Lei 27/2011) por ser unha norma extremadamente importante para o sistema de Seguridade Social por establecer prazos para a súa execución.

Os relatorios foron realizados por:

  • D. Julio Santos Palacios, director de Relacións coa Rede de Fraternidad-Muprespa, que tratou o papel das mutuas na loita contra o absentismo e o portal web e a extranet de Fraternidad-Muprespa.
  • D. Ramón Salesa Catalán, xefe de área de recadación da Administración da Seguridade Social de Teruel, D. Manuel García Sáez, director do Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Teruel, e D. Ramón López Rajadel, xefe da unidade de impugnacións da Dirección Provincial da TXSS de Teruel, informaron sobre a Sede Electrónica da Seguridade Social, concretamente no referente a servizos e procedementos da Sede Electrónica e o portal web.
  • D. Alberto Granados Orcero, xefe de sección da Subdirección Provincial de trámite de prestacións de xubilación, invalidez, morte e supervivencia da Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Teruel, presentou un pormenorizado estudo sobre as novidades da Lei 27/2011, nos aspectos máis importantes en relación coas prestacións.

A clausura correspondeu a D. José María Aranguren Rodríguez, director provincial en Teruel de Fraternidad-Muprespa, que realizou un breve comentario sobre as mutuas como entidades colaboradoras, recollido no Regulamento xeral sobre colaboración na xestión das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social correspondente ao ano 1995, e sobre o Plan Estratéxico de Fraternidad-Muprespa, co que se persegue a excelencia e ser a mutua de referencia no sector. Por último, deu grazas aos relatores pola súa presenza, e moi especialmente a D. Miguel Ángel Sola, polo seu apoio e colaboración, e aos asistentes, porque a xornada non tería ningún sentido sen eles.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?