XUNTA XERAL ORDINARIA DE FRATERNIDAD-MUPRESPA 2014

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Hoxe xoves 24 de xullo, celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria de Fraternidad-Muprespa onde se aprobaron as contas correspondentes ao exercicio 2013.

En palabras do presidente da Mutua, D.Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós, a pesar da actual percepción sobre a economía, máis optimista que a de hai un ano, o pasado exercicio supuxo outro período no que se destruíu emprego neto, o que afectou a afiliación á Seguridade Social, que viu diminuír os seus afiliados nun -3,49%. Este escenario xeral afectou a poboación protexida por Fraternidad-Muprespa que descendeu nun 2,35% en Continxencia Profesional, aumentando non obstante nun 2,35% en Continxencia Común.

Non obstante e malia a destrución de emprego, Fraternidad-Muprespa finalizou o ano 2013 con 121.114 empresas asociadas, un 0,41% máis que en 2012, asentándose como terceira Mutua do sector por volume de ingresos e en 2013, conseguindo duplicar a súa distancia coa cuarta entidade.

Deste xeito, os ingresos correspondentes á xestión do Patrimonio da Seguridade Social durante o 2013 situáronse en 920,6 millóns de euros, o cal supuxo unha caída dun -6,15% neste concepto. Pero a pesar deste escenario de descenso de ingresos, Fraternidad-Muprespa está a demostrar unha eficiencia encomiable, que lle permite presentar un resultado superior ao do exercicio anterior nun 24,47% que alcanza os 96.059.947,86 millóns de excedente.

O presidente recoñeceu o esforzo a todos os traballadores da Mutua, facendo mención especial á súa importancia na implantación do Plan Estratéxico Corporativo que fai xa o seu terceiro ano. Recordou que durante este período, a Mutua deu un salto cualitativo no seu funcionamento apostando pola eficiencia, a mellora continua e a satisfacción dos seus mutualistas.

O acto proseguiu coa entrega de recoñecementos a seis colaboradores de Fraternidad-Muprespa, pola súa fidelidade coa Mutua, cada un deles correspondentes ás distintas Direccións Territoriais:

  • ASESORES TITULADOS S.A. - ATISA (MADRID).
  • AFICOEX ASESORIA S.L. (CÁCERES).
  • PALLARES ASESORES DE EMPRESAS, S.L. (BARCELONA).
  • SERVIEQUIPO S.A. (BISCAIA).
  • ASESORIA ABREU Y ASOCIADOS, S.L. (AS PALMAS).

A continuación fíxose entrega dos premios de permanencia aos traballadores que levan 25 anos de traballo na Mutua.

Finalmente, D.Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós deu por concluída a Xunta Xeral Ordinaria co sincero agradecemento aos mutualistas, por continuar outorgando á Entidade a súa confianza, pois esta é a que dá sentido á súa propia razón de ser.

VER INFORME ANUAL E MEMORIA DE SOSTIBILIDADE 2013

VER E DESCARGAR

"A súa Mutua 275 - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?