FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPA NUNHA XORNADA SOBRE ABSENTISMO LABORAL DE CC.OO. EN COLLADO VILLALBA

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O 18 de novembro a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa, participou en Collado Villalba (Madrid) nunha xornada sobre o Absentismo Laboral e os Accidentes de Traballo, xunto a CC.OO.

A xornada iniciouse cunha mesa redonda sobre o absentismo onde participou D. Julio Santos Palacios, director do Departamento do Defensor do Mutualista de Fraternidad-Muprespa, quen presentou un relatorio sobre “O papel das Mutuas na xestión do absentismo” e fixo referencia ás características das nosas entidades e ás prestacións que cubrimos. Tamén especificou como realizamos a xestión das Continxencias Comúns na Mutua. A continuación, achegou datos da evolución do absentismo nestes anos de crise económica, describindo o complexo modelo de xestión da Incapacidade Temporal en España e as modificacións que estableceu a Lei de Mutuas.

Posteriormente interveu Dª. Carmen Mancheño Potenciano, médica do Traballo da Secretaría de Saúde Laboral de CCOO de Madrid, falando tamén sobre o “Absentismo e a Saúde Laboral”.

Na segunda mesa redonda tratou sobre os Accidentes de Traballo e nela interviñeron D. Manolo Barroso Carranco, técnico en Prevención de Riscos Laborais da Secretaría de Saúde Laboral de CC.OO. de Madrid, cun relatorio que tratou sobre os “Datos de sinistralidade na Comarca Serra de Guadarrama”.

Posteriormente interveu Dª. Josefina López Marín, técnica en Prevención de Riscos Laborais, comentando os “Protocolos de actuación fronte aos accidentes de traballo”. Despois xerouse un animado debate, grazas á presenza de máis de 60 delegados de Prevención.

A clausura do acto realizouna D. Carmelo Plaza Baonza, secretario de Saúde Laboral de CC.OO. de Madrid, quen agradeceu a todos os asistentes a súa presenza.



" A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?