CELEBROUSE UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE ENVELLECEMENTO E TRABALLO ORGANIZADA POR FRATERNIDAD-MUPRESPA EN TENERIFE

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, xunto coa Inspección de Traballo e Seguridade Social e o Goberno de Canarias, organizaron o pasado 30 de novembro unha xornada informativa sobre a repercusión e efectos que pode ocasionar o envellecemento no ámbito laboral.

A xornada celebrouse no Instituto Canario de Seguridade Social e contou cunha grande aceptación por parte dos asistentes: expertos en materias de saúde, prevención e temas laborais e sindicais, así como responsables e directivos empresariais.

A Lei 27/2011 do 1 de agosto sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, prevé o atraso da idade de xubilación dos 65 a 67 anos; por iso, é preciso concienciar os actores sobre os efectos que o aumento de idade pode ocasionar na prevención, absentismo e condicións laborais. Os eixes fundamentais sobre os que se han de basear as políticas de prevención para este colectivo teñen que responder a aspectos concretos como: adecuación e determinación dos postos de traballo que son adecuados; prevención específica sobre as condicións laborais que á súa vez contemplen o colectivo afectado; comportamento destes grupos na Incapacidade Temporal.

Se se desexa que a prolongación da vida laboral non afecte na saúde do traballador, é preciso intervir de modo rápido, seguro e continuado, coñecer as peculiaridades habituais dos traballadores e aplicar medidas preventivas axeitadas á súa situación.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
¿Te ha resultado útil?