Fraternidad-Muprespa recibe 400 pantallas de protección dun grupo de voluntarios de Martos

Ámbito sanitario
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua colaboradora coa Seguridade Social, recolle no seu portal web as experiencias solidarias de diversos colectivos e que poñen en valor a importancia da axuda altruísta nestes difíciles tempos. É o caso do proxecto “Somos Martos”, impulsado por profesores de Formación Profesional do Instituto Fernando III da localidade e un grupo de enxeñeiros e emprendedores que contan co respaldo do Concello de Martos, así como de diversas empresas radicadas no municipio. 

Dada a ampla demanda de equipos de protección individual, puxéronse mans á obra para fabricar pantallas de protección de plástico. Agora o seu reto é industrializar a produción destes produtos tan necesarios para os sanitarios.

Fano grazas a unha rede de voluntarios que acode ás empresas do sector da automoción para elaborar un molde co que fabricar en serie as pantallas. E todo nun tempo récord, xa que as empresas, lideradas pola planta marteña de Valeo, empresa Mutualista de Fraternidad-Muprespa, aceptaron o desafío, que se traduciu en que ese molde é xa unha realidade. Estiman que poderán fabricar 40.000 unidades semanais, destinadas a abastecer numerosos centros sanitarios de todo o territorio nacional.

De momento, Fraternidad-Muprespa recibiu para os seus profesionais un total de 400, que se distribuíron en 29 centros de toda a xeografía española. Dende aquí trasladamos o noso máis sincero e profundo agradecemento por iso

Xunto a Valeo, que asume as tarefas propias da produción e deseño e achega parte da materia prima, a empresa Retuc colabora co material plástico, Plásticos Alcaudete subministra as pantallas transparentes, Andaltec, Plastucc e a propia Valeo deseñan e fabrican, Kitonline achega a goma de suxeición e Acodis Iniciativas realiza a produción e embalaxe do produto. Finalmente é a propia rede loxística de Valeo quen realiza os envíos. 

Ademais de enviarse a centros sanitarios, estas pantallas protectoras, que evidencian a solidariedade e colaboración altruísta deste grupo de Martos, vanse destinar a centros hospitalarios de todo o país, gratuitamente, en primeiro lugar a quen as solicite a través dun formulario. 

Posteriormente prevese abastecer a outros centros que o necesiten, como centros de maiores e discapacitados, centros de saúde e clínicas, servizos sociais, forzas da orde pública, comercios, centros de traballo, concellos e persoal de atención domiciliaria, entre outros. O coordinador do proxecto é Manuel Caballero, profesor de FP e director do Instituto Fernando III. 
 

¿Te ha resultado útil?
Vote down!

Puntos: 0

You voted ‘down’