FRATERNIDAD-MUPRESPA RECIBE O PREMIO PREVENCIONAR Á COMUNICACIÓN EN PRL

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O día 11 de outubro, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa recibiu o premio na categoría de “Comunicación en Prevención de Riscos Laborais” polo traballo realizado na  I Semana da Prevención, que se celebrou coincidindo co 28 de abril, Día Mundial de Seguridade e Saúde no Traballo. 

A I edición dos Premios Prevencionar tivo lugar na Fundación Ramón Areces e neles se valoraban as mellores iniciativas en relación coa cultura preventiva, mellor práctica preventiva, innovación, comunicación, seguridade viaria e compromiso coa saúde dos empregados.

Dª Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa, e  Dª Mar Morales González, directora do departamento de Prevención e Desenvolvemento da cultura da saúde da Mutua, recolleron o premio de mans de Dª Concepción Martín de Bustamante, directora de AESPLA e D. Francisco Picón, director xeral de Metacontratas.

A meta da semana da Prevención era transmitir unha mensaxe positiva da prevención de riscos laborais e dar un carácter máis amable a esta. Para iso, realizáronse accións, prácticas, talleres, relatorios, cursos, aulas e exposicións en case todos os nosos centros asistenciais, todas enmarcadas en promover o benestar nas empresas e os seus traballadores para conseguir unha contorna laboral segura. Tamén coincidiu coa entrega da IV edición dos Premios Escolástico Zaldívar á seguridade e a saúde organizados pola nosa Entidade.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?