FRATERNIDAD-MUPRESPA RENOVA O COMPROMISO COA XESTIÓN DA DIVERSIDADE EMPRESARIAL

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O 13 de decembro no Museo Lázaro Galdiano de Madrid, a Fundación Diversidade celebrou unha xornada institucional que enmarcou 3 actos: a entrega dos “Segundos recoñecementos en xestión da diversidade empresarial”, a concesión dos “Certificados e selos Alares ESR de empresa socialmente responsable co equipo” e un novo “Acto de sinatura do Chárter da Diversidade”.

Manuel Porrua García, director do centro de Recursos Humanos e RSC da Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa foi o encargado de renovar a sinatura do Chárter da Diversidade do que a Entidade forma parte dende o ano 2013. A adhesión ao Chárter é froito das accións e políticas que a Mutua realiza no marco do Plan de Igualdade e Responsabilidade Social Corporativa.

María Eugenia Girón Dávila, presidenta de Fundación Diversidade, presentou o acto remarcando como é necesario cambiar o modelo co que as organizacións xestionan os aspectos relacionados coas persoas, xa que estas son o principal activo nas empresas.

A continuación tomou a palabra Javier Benavente Barrón, presidente de Fundación Alares, quen expuxo como ambas as dúas fundacións traballan para que todas as persoas, independentemente do lugar onde vivan ou situación social ou económica, dispoñan do acceso a uns servizos mínimos básicos de asistencia ás persoas, que lles permitan manter a súa independencia e acceder ao seu desenvolvemento persoal, laboral e social.

Maravillas Rojo Torrecilla, patroa de Fundación Diversidade, realizou unha conferencia maxistral onde explicou como as organizacións cada vez máis, avanzan e aprenden a incorporar a diversidade nas nosas empresas. “O risco social chámase equidade e pobreza”. Por iso, animou a avanzar nesta xestión tan necesaria da mellora da equidade e analizar como temos que potenciar o talento nun contexto moi distinto ao que nos moviamos hai 10 anos. “Necesitamos talento colectivo e capital social”.

Luis Galindo, escritor e conferenciante, foi o encargado de clausurar o acto cunha brillante exposición, que chegou a emocionar e motivar os 150 asistentes que se encontraban no Museo Lázaro Galdiano, onde puxo de relevo as claves para vivir con ilusión e facer, entre todos, unha sociedade e un mundo mellor.

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

¿Te ha resultado útil?