III EDICIÓN PREMIOS 2804, ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR 2015

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidade-Muprespa, Mutua colaboradora coa Seguridade Social, mantén o seu compromiso de ser un axente impulsor de iniciativas que garantan a implantación da cultura preventiva no ámbito laboral.

O obxecto da terceira convocatoria dos premios "Escolástico Zaldívar 28/04" é outorgar unha distinción a aquelas empresas altamente comprometidas coa prevención de riscos laborais (PRL) que demostrasen ter executado ou estar a executar actuacións que representan unha mellora na seguridade e saúde dos seus traballadores máis alá do estrito cumprimento da normativa de prevención.

Os Premios "Escolástico Zaldívar 28/04" creáronse en memoria do fundador e primeiro Presidente de Fraternidade-Muprespa D.Escolástico Zaldívar.

Que significan os "PREMIOS 28/04"?

  • Unha data: 28 de abril (28/04).
  • Un símbolo: o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.
  • Un obxectivo: a seguridade e saúde nos ámbitos laborais.
  • Unha realidade: Os mellores proxectos na execución de accións para mellorar a seguridade e saúde dos traballadores.
  • Unha cantidade: 2.804 € para o mellor proxecto en cada modalidade.

O premio conta con tres categorías, cada unhas das cales se premiará con 2.804 € e cunha escultura:

  • Grandes empresas.
  • PEME ou empresa de nova creación.
  • Asociacións sen ánimo de lucro, ONG, empresas de economía social, etc.

Para optar ao premio as empresas deben estar asociadas con Fraternidade-Muprespa, presentarse en prazo e forma toda a documentación requirida e cumprir os requisitos indicados nas bases do premio.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 1 de xaneiro 2015 e estará aberto ata o día 1 de marzo de 2015, ambos os dous inclusive.

Pode dirixirnos as cuestións relativas ao premio así como achegar a documentación previamente cumprida dende o noso formulario de contacto.

BASES III PREMIO ESCOLÁSTICO ZÁLDIVAR

Descarga

DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE CANDIDATURA

Descarga

CONTACTAR CO ORGANIZADOR

Ligazón

"A súa Mutua 275 - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?