PRESTACIÓNS ESPECIAIS E ASISTENCIA SOCIAL DAS MCSS

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa celebrou o día 15 de novembro en Palencia, unha xornada informativa sobre “Prestacións Especiais e Asistencia Social das MCSS”, a cal tivo lugar na Biblioteca Pública de Palencia.

Javier Saldaña Arroyo, director provincial de Palencia presentou a xornada e explicou aos asistentes as axudas económicas que xestiona  a Comisión de Prestacións Especiais, así como os requisitos necesarios para acceder a estas e como solicitalas.

A continuación Miguel Ángel de La Torre Santos, xefe da área de Prestacións Especiais de Fraternidad-Muprespa e Verónica Cordero, traballadora social da Mutua, realizaron senllos relatorios explicando o papel da Comisión de Prestacións Especiais como órgano encargado da concesión de axudas extraordinarias de asistencia social aos seus traballadores protexidos ou adheridos que, como consecuencia de ter sufrido un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, se encontran nun estado concreto de necesidade ou requiren axudas para a súa reinserción laboral e acreditan carecer de medios económicos para facer fronte á súa nova situación, así como das competencias do traballador social na nosa Entidade.

Ao finalizar a xornada xerouse un animado debate e quenda de preguntas sobre estas axudas económicas independentes e compatibles coas da Seguridade Social.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?