
A UNIVERSIDADE DE OVIEDO E FRATERNIDAD-MUPRESPA: XORNADA SOBRE RSC
Fraternidad-Muprespa Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, participou o día 15 de novembro na mesa redonda organizada polo Vicerreitorado de acción transversal e cooperación coa empresa da Universidade de Oviedo. O devandito acto celebrouse na Universidade Laboral de Xixón.
Leví Pérez decano da facultade de Comercio, Turismo e Ciencias Sociais da Universidade de Oviedo, deu comezo á xornada analizando a responsabilidade social e igualdade nas empresas dende diversas perspectivas.
A mesa estivo composta por Almudena Cueto Sánchez, directora xeral do Instituto Asturiano da Muller e Políticas de Xuventude do Principado de Asturias, Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa, Raquel Villa Posada directora de Recursos Humanos de Transinsa Ambulancias de Asturias e Asunción Luzán Fernández, coordinadora da Escola de Emprendedoras e Empresarias de Asturias, actuando como moderadora Eugenia Suárez Serrano vicerreitora de Acción Transversal e Cooperación coa Empresa.
Nesta xornada, á que acudiron uns 100 asistentes, púxose de manifesto a realidade actual da muller na empresa, os retos aos que a sociedade española se enfronta neste ámbito e os recoñecementos públicos que as administracións, nacionais, rexionais e locais concederon a entidades como Fraternidad-Muprespa pola súa implicación no ámbito da igualdade e a responsabilidade social.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"