Xornada sobre prestacións especiais e asistencia social, Valladolid

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, celebrou o día 17 de novembro en Valladolid unha xornada informativa sobre “Prestacións Especiais e Asistencia Social das MCSS” no salón de actos da Oficina Integral da Seguridade Social (O.I.S.S.) de Valladolid.

Javier Saldaña Arroyo, director provincial de Valladolid, presentou a xornada sinalando que o obxectivo desta é explicar o tipo de axudas económicas que xestiona a comisión de prestacións especiais, así como os requisitos necesarios para acceder a estas e como solicitalas.

A continuación Miguel Ángel de La Torre Santos, xefe da área de Prestacións Especiais de Fraternidad-Muprespa e Verónica Cordero, traballadora social da Mutua, realizaron senllos relatorios explicando o papel da comisión de prestacións especiais como órgano encargado da concesión de axudas extraordinarias de asistencia social aos seus traballadores protexidos ou adheridos que, como consecuencia de ter sufrido un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, se encontran nun estado concreto de necesidade ou requiren axudas para a súa reinserción laboral e acreditan carecer de medios económicos para facer fronte á súa nova situación, así como das competencias do traballador social na nosa Entidade.

Ao finalizar a xornada xerouse un animado debate e rolda de preguntas sobre estas axudas económicas independentes e compatibles coas da Seguridade Social.

Jacobo Baró Pazos, director territorial Noroeste de Fraternidad-Muprespa clausurou a xornada, agradecendo aos asistentes a súa participación e compromiso con todos os actos que organiza a Mutua.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?