Accidente de traballo en misión

Considérase en misión ou in mision aquel tipo de accidente laboral sufrido por un traballador durante o desprazamento fóra do centro de traballo, pero dentro da xornada laboral, no exercicio da súa actividade profesional habitual ou para levar a cabo unha actividade ocasional encomendada pola empresa.

Non debe confundirse coa modalidade in itinere.

- Accidente de traballo en misión: dentro da xornada laboral (desprazamento para actividade profesional).
- Accidente de traballo in itinere: fóra da xornada laboral (desprazamento domicilio/traballo ou viceversa).