Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

Como se debe tramitar a prestación por risco durante a lactación natural?

TRAMITACIÓN

1. A traballadora debe comunicar ao empresario a súa situación de lactación natural, para o cal deberá solicitar ao Servizo Público de Saúde (pediatra ou médico de familia), un informe médico no que se manifeste a súa situación de lactación natural para os efectos previstos no art. 26 da Lei de prevención de riscos laborais.

2.Unha vez comunicado o seu estado ao empresario, se o posto de traballo supuxese un risco para a nova situación da traballadora, este deberá adoptar as medidas preventivas necesarias ou, se é o caso, o cambio de posto de traballo.

Cando a adaptación de condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións do posto de traballo puidesen seguir influíndo negativamente na saúde da traballadora ou do lactante, a traballadora deberá solicitar á Mutua un certificado médico de risco, para o cal presentará a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude da prestación por risco durante a lactación [FED-0033-REL01]
  • Fotocopia do DNI (por ambas as dúas caras)
  • Impreso para os efectos do IRPF (modelo 145 da Axencia Tributaria) [FM-FORM-3.0]
  • Informe médico Servizo Público Saúde que acredite a situación de lactación natural
  • Libro de familia no que apareza inscrito o fillo lactante
  • Declaración empresarial de situación de risco [FED-0031-REL03]
  • Avaliación do posto de traballo ("Disposición adicional segunda do RD 295/2009, do 6 de marzo e art. 16.2 da Lei de prevención de riscos laborais")

3. Recibida a solicitude, a traballadora pasará a consulta cun facultativo da Mutua, quen emitirá un certificado médico recoñecendo ou desestimando a situación de risco.

4. Se o médico da mutua considerase que existe risco para a lactación natural, a partir dese momento o empresario poderá suspender o contrato de traballo e a traballadora solicitar a prestación por risco durante a lactación natural achegando a seguinte documentación adicional.

Traballadora por conta allea:

Traballadora por conta propia ou autónoma:

  • Fotocopia dos últimos tres recibos do aboamento das cotas [1]
  • Declaración de situación de actividade

5. Recibida a documentación e cumpríndose os requisitos de acceso á prestación, a Mutua emitirá unha resolución concedendo a prestación por risco durante a lactación natural e procedendo o seu pagamento mensual mentres non se produza ningunha das causas legais de extinción desta.

6. Para o mantemento da prestación, a traballadora deberá presentar mensualmente ante a mutua un informe médico do Servizo Público de Saúde que certifique a continuidade da lactación natural.

[1]Estes documentos tamén deberán ser presentados polos traballadores por conta allea obrigados ao ingreso das súas cotas.

DESCARGAS

Mod. FED-0033-REL01

Modelo FED-0031-REL03

Traballadora por conta allea:

Modelo FED-0032-CEBC01

Modelo 145 FM-FORM-3.0

subir