
FRATERNIDAD-MUPRESPA RENOVOU O CHÁRTER DA DIVERSIDADE 2015-2017
O Chárter da Diversidade, é unha carta/código, que representa o compromiso da entidade co seu equipo de persoal, os seus grupos de interese e a poboación nas súas condicións actuais. Por todos é comprensible que o colectivo humano non é homoxéneo, a súa variedade está presente en múltiples aspectos: inmigración, cultura, orientación sexual, relixión e, por suposto, a consolidación da muller no mercado laboral.
As empresas que voluntariamente se adhiren ao Chárter asumen e subscriben os seguintes principios:
- Sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades.
- Avanzar na construción dun equipo de persoal diverso.
- Promover a inclusión ou integración de todas as persoas que pertencen á empresa.
- Ter en conta e considerar a diversidade nas políticas de dirección.
- Fomentar a conciliación entre a vida familiar e laboral.
- Comprender e recoñecer a diversidade da sociedade.
- Transmitir o seu compromiso cara a diversidade dentro da organización, entre os seus grupos de interese, coas institucións, administracións e axentes sociais.
- Desenvolver e reflectir actividades de apoio á non discriminación.
A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad Muprespa renovou o seu compromiso de adhesión ao Chárter de Diversidade durante o período abranguido entre 2015–2017.
A través da adhesión ao Chárter da Diversidade, Fraternidad-Muprespa faise partícipe da necesidade de respectar todos os colectivos por igual, sen discriminacións. Un compromiso de aceptación cara a todos os grupos sociais como suxeitos que compoñen a sociedade e polo tanto interrelacionándose con eles en igualdade.
A adhesión ao Chárter é froito das accións e políticas que a Mutua realiza no marco do Plan de Igualdade e Responsabilidade Social Corporativa.
" A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"