Salario mínimo bruto legalmente establecido en España para os traballadores por conta allea, con xornada completa, calquera que sexa a modalidade de contrato, dividido en 14 pagas anuais.
Esta contía legal retributiva (SMI) é fixada anualmente polo Goberno, previa consulta ás organizacións sindicais e asociacións empresariais máis representativas, tendo en conta o Índice de Prezos ao Consumidor, a produtividade media nacional acadada, o incremento da participación do traballo na renda nacional e a situación económica xeral.
