FRATERNIDAD-MUPRESPA ENTREGOU OS SEUS III PREMIOS EZ 2804 A TELEFÓNICA, MM PACKAGING IBÉRICA, ASOCIACIÓN MANUFACTURAS NORBA E FAGOR EDERLAN TAFALLA.

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa como mutua colaboradora coa Seguridade Social, o 28 de abril conmemora o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo entregando os Premios Escolástico Zaldívar 2804 na súa terceira edición.

A benvida realizouna o director xerente de Fraternidad-Muprespa, D. Carlos Aranda Martín, quen agradeceu a todos os presentes a asistencia ao acto.

Dª Concepción Martín de Bustamante, presidenta de AESPLA, presentou ao director do Servizo de Prevención Mancomunado do grupo MEDIASET, Dr. L. Javier Valero Cifuentes, que realizou un interesante relatorio sobre a "Prevención de xornalistas en zona de conflito", no que explicou os medios de prevención, adestramento e EPI que se lles ofrece a este tipo de profesionais.

D. Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós, presidente de Fraternidad-Muprespa, realizou a presentación dos premios e dos premiados polo labor desenvolvido nas empresas respecto á prevención de riscos e saúde laboral.

Posteriormente interveu o director xeral de Ordenación da Seguridade Social, D.Rafael Barberá de la Torre, quen deu as grazas á Mutua pola creación e seguimento destes premios e incidiu no apoio que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social dá ás mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, xa que pola Lei 35/2014 aumentou un 0,7 % o orzamento para prevención de riscos laborais.

A directora xeral de Traballo da Comunidade Autónoma de Madrid e xerente do IRSST, Dª Mar Alarcón Castellanos, incidiu en que é unha necesidade moral, legal e empresarial a prevención de riscos laborais e ademais que as empresas teñen que manter o compromiso coa seguridade e a saúde para que os seus traballadores estean sans e poidan acadar dese xeito a excelencia empresarial. "Cando hai un incremento por parte das empresas en prevención existe un incremento na produtividade empresarial".

A cerimonia de entrega dos premios dirixiuna Dª Natalia Fernández Laviada, subdirectora de Organización e Rede de Fraternidad-Muprespa.

Para rematar realizou unha intervención un traballador en situación de discapacidade do Centro Especial de Emprego de Manufacturas Norba, na que deu as grazas moi sinceramente polo premio recibido e realizou un esforzo persoal que lle foi recoñecido por todo o auditorio.

LISTADO DE PREMIADOS:

Modalidade GRANDE EMPRESA.

  • Gañador: TELEFÓNICA DE ESPAÑA, S.A. (Madrid).
  • Mención de honra: CENTROS COMERCIALES CARREFOUR, S.A. (Madrid).
  • Accésits: IBERIA LÍNEAS AÉREAS DE ESPAÑA, S.A. OPERADORA (Madrid), ARAMARK SERVICIOS INTEGRALES, S.A. (Barcelona), MAGTEL OPERACIONES, S.L.U. (Córdoba), QUIRÓN HOSPITALES, S.L. (Sevilla), EVOBUS IBÉRICA, S.A. (Cantabria), CALIDAD PASCUAL S.A.U. (Burgos), CASA SANTIVERI S.L. (Valladolid).

Modalidade Pemes e Empresas de nova creación.

  • Gañador: MAYR-MELNHOF PACKAGING IBERICA, S.L. (Valencia).
  • Mención de honra: ÁRIDOS Y CANTERAS DEL NORTE, S.A. (Biscaia).
  • Accésits: SON VIDA GOLF S.L. UNIPERSONAL (Baleares), SCHMITZ CARGOBULL IBÉRICA, S.A. (Zaragoza), CUINATUR ACTIVA, S.L. (Castelló), SYMAGA S.A. (Cidade Real), MANUFACTURAS VENTAL, S.A. (A Rioxa).   

Modalidade Empresas sen ánimo de lucro, ONG e Empresas de Economía Social.

  • Gañadores: ASOCIACIÓN MANUFACTURAS NORBA CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO (Cáceres) e FAGOR EDERLAN TAFALLA, S. COOP. (Navarra)
  • Mención de honra: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA SORIA (Soria)
  • Accésits: ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE EL SALIENTE (Almería), CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA CUENCA (Cuenca), COLEXIO DIOCESANO PABLO VI (Ávila), FUNDACIÓN HOSPITAL ASILO DE VILALBA (Lugo), FUNDACIÓN SAN ROSENDO (Ourense) e CÁRITAS DIOCESANA DE SEGOVIA (Segovia).
FRATERNIDAD-MUPRESPA ENTREGOU OS SEUS III PREMIOS EZ 2804 A TELEFÓNICA, MM PACKAGING IBÉRICA, ASOCIACIÓN MANUFACTURAS NORBA E FAGOR EDERLAN TAFALLA.FRATERNIDAD-MUPRESPA ENTREGOU OS SEUS III PREMIOS EZ 2804 A TELEFÓNICA, MM PACKAGING IBÉRICA, ASOCIACIÓN MANUFACTURAS NORBA E FAGOR EDERLAN TAFALLA.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano," "
¿Que te ha parecido el contenido?