
Revisión das prestacións extraordinarias por cesamento de actividade reguladas no art. 17 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo
No mes de marzo de 2020 entraron en vigor varias medidas urxentes e extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19, entre elas unha prestación extraordinaria de cesamento de actividade (en diante, PECATA) destinada aos traballadores por conta propia que se visen obrigados a suspender a súa actividade, pola declaración do estado de alarma, ou ben que experimentasen unha redución na súa facturación de, polo menos, un 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior.
Pola urxencia e necesidade que existía de facer chegar estas prestacións aos fogares dos traballadores que as necesitaban, levouse a cabo un recoñecemento provisional destas, supeditando o recoñecemento definitivo a unha posterior revisión por parte das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.
Finalizadas todas as medidas preventivas relacionadas coa situación de crise sanitaria derivada da COVID-19, en Fraternidad-Muprespa iniciamos a revisión das PECATA que se recoñeceron provisionalmente.
Tras as oportunas verificacións da documentación e información facilitada e consultada pola Mutua, púidose constatar que NO SEU CASO, CUMPRE con todos os requisitos de acceso á prestación PECATA establecidos na Norma, E NON É NECESARIO QUE ACHEGUE INFORMACIÓN ADICIONAL. É por ese motivo, polo que se elevou o carácter da súa resolución de PROVISIONAL a DEFINITIVA.
Preguntas frecuentes
Non é necesario que realice ningunha xestión adicional, a Mutua efectuou as comprobacións oportunas e dá por pechado o seu expediente, entendendo que a prestación PECATA aboada no seu día é CORRECTA.
Unha vez transcorridos catro anos dende o recoñecemento provisional e o aboamento da prestación, xa non pode revogarse o dereito recoñecido.
Pode resolver calquera dúbida a través das canles habituais.