Exposición informativa itinerante de Carteis de prevención do século XX

A Prevención de Riscos Laborais en España ten unha longa historia que se remonta a principios do século XX. Nas primeiras décadas dese século coinciden dous fenómenos: o inicio da publicidade “motivativa” e a consideración dos accidentes laborais como foco da saúde dos traballadores.

Fraternidad-Muprespa como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, promove actividades preventivas dirixidas á redución da sinistralidade laboral e das enfermidades profesionais. Co fin de promover a educación para a saúde nas organizacións e contribuír a dar a coñecer a empresa saudable, seleccionáronse 50 carteis da colección de Carlos Velasco Murviedro, nos que se pode apreciar a evolución do deseño e a propia mensaxe preventiva.

A exposición complétase cun comentario que acompaña a cada cartel, no que se explica e contextualiza ao longo das décadas o ambiente referido a accidentes e enfermidades ou protección, prevención e asesoramento.

Imagen mapa exposición de carteles

Fai un percorrido virtual pola exposición

 

Xa viches a exposición...

¿Que te ha parecido el contenido?