Sociedade anónima unipersoal

Sociedade anónima constituída por un único socio, sexa persoa física ou xurídica (unipersonalidade orixinaria), ou por dous ou máis socios cando todas as accións pasen a ser propiedade dun único socio (unipersonalidade sobrevida). Considéranse propiedade do único socio as accións que pertenzan á sociedade unipersoal.