Sociedade constituída por persoas que se asocian, en réxime de libre adhesión e retirada voluntaria, para desenvolver actividades empresariais, dirixidas a satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas e sociais, cunha estrutura e funcionamento democráticos, de acordo cos principios formulados pola alianza cooperativa internacional.
Establécense mediante escritura pública e unha vez inscritas no Rexistro de Sociedades Cooperativas adquirirán personalidade xurídica propia.
Estas sociedades están reguladas pola Lei 27/1999 de Cooperativas.
