Profesión baseada na práctica e disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social e o empoderamento e liberación das persoas. Os principios de xustiza social, dereitos humanos, responsabilidade colectiva e respecto á diversidade son fundamentais para o traballo social, que involucra ás persoas e estruturas para afrontar os retos da vida e aumentar o benestar.
Búscase promover o desenvolvemento de vínculos humanos saudables e promover cambios sociais que conduzan a un maior benestar das persoas. Os traballadores sociais, deste xeito, actúan sobre certos factores relacionados coas interaccións dos individuos co medio.
