Para determinar se determinadas condicións de traballo constitúen un factor de risco para os traballadores expostos, xeneralizouse o uso de valores obtidos mediante técnicas de mostraxe. Os valores de referencia establecidos definíronse a partir de:
  • a) Estudos epidemiolóxicos nos que se correlacionaron as exposicións con efectos medibles sobre a saúde dos traballadores
  • b) Estudos toxicolóxicos experimentais con animais que sirvan de modelo para extrapolar ao ser humano.