Emendar datos na solicitude de prestacións por Cesamento de Actividade dos autónomos, agora máis doado

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, ao igual que o resto de Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, encárgase da xestión desta prestación extraordinaria. A súa prioridade foi, e sigue sendo, axudar os traballadores autónomos afectados pola situación especial derivada da promulgación do estado de alarma, motivo polo cal se decidiu conceder a prestación extraordinaria coa maior rapidez.

Tal e como difundiu o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, “para acceder a esta prestación, o traballador ou traballadora por conta propia debe estar inscrito no réxime da Seguridade Social correspondente e verse afectado polo peche do negocio debido á declaración do estado de alarma ou ter sufrido unha mingua do 75% na facturación do mes natural anterior á data da solicitude. Para acreditar a perda de ingresos, o solicitante debe achegar a información contable que o xustifique. Se non está obrigado a levar documentación de contabilidade, valerá calquera medio de proba admitido en dereito, como o taxímetro no caso dos taxistas.” 

En ningún momento Fraternidad-Muprespa vai suspender ningunha prestación extraordinaria, agás que o solicite expresamente o interesado. 

En caso de que sexa necesario modificar ou emendar as solicitudes, a Oficina Dixital de Fraternidad-Muprespa ofrece a posibilidade de consultar as iniciais e actualizalas. 

TODA A INFORMACIÓN AQUÍ 

Fraternidad-Muprespa evidencia co acceso dixital a estes formularios que a súa máxima é e seguirá sendo a de facilitar ao máximo a concesión das prestacións extraordinarias motivadas polo estado de alarma, conscientes como somos da difícil situación que atravesan os nosos mutualistas e autónomos adheridos.

Fraternidad-Muprespa aboou hoxe de novo a prestación extraordinaria para autónomos impulsada para facer fronte á crise provocada pola COVID-19. Destináronse a case 88.000 autónomos, por un importe acumulado de máis de 161 millóns de euros. No conxunto das Mutuas, aboáronse 1.200 millóns de euros, a un total de máis de 1,4 millóns de autónomos.
 

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’