Fraternidad-Muprespa resume o traballo realizado durante o estado de alarma

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Dende que se declarou en España o estado de alarma o pasado 14 de marzo, Fraternidad-Muprespa levou a cabo máis dun centenar de diferentes iniciativas destinadas ás súas empresas mutualistas, traballadores protexidos, autónomos e os seus propios empregados. 

As iniciativas realizadas polos distintos departamentos de Fraternidad-Muprespa buscaron neste tempo, e sempre, facilitar a realización de xestións coa Mutua. Unha das máis importantes foi o aboamento de máis de 160 millóns de euros a case 88.000 autónomos. O conxunto de Mutuas aboaron case 2.600 millóns a máis de 1,4 millóns de autónomos. A gran cantidade de solicitudes e a súa urxente tramitación supuxo a implicación de centos de empregados da Mutua, tanto de servizos centrais coma de Red, co obxectivo de cumprir co compromiso da Mutua de aboar canto antes cada prestación.

Dende a Oficina Dixital implantáronse melloras para simplificar a xestión de trámites, o que se traduciu nunha maior axilidade á hora de solicitar prestacións, sobre todo, a Extraordinaria por Cesamento de Actividade para Traballadores Autónomos.

No Departamento de Sistemas achegáronse as solucións necesarias para que máis de mil empregados da Mutua teletraballasen dende os seus domicilios. Establecéronse protocolos, metodoloxías áxiles e soportes técnicos necesarios para dar o xiro necesario de 180 graos con motivo do estado de alarma, e seguir dando o servizo que nos caracteriza, nun momento onde o volume de traballo se multiplicou notablemente. 

O Hospital Fraternidad-Muprespa Habana foi epicentro da actividade da Mutua durante este tempo, xa que se preparou para recibir pacientes de COVID-19. 21 pacientes, cunha media de idade de 84 anos, 11 mulleres e dez homes provenientes de centros do Servizo Público de Saúde recalaron no centro para ser tratados polo equipo médico, liderado por Antonio Ortega, xefe da Área de Medicina Interna. Malia os complicados prognósticos iniciais agravados polas súas patoloxías previas, 14 deles recibiron a alta, tal e como puidemos ver nos emotivos vídeos nos que se vía como abandonaban o hospital tras a súa recuperación.

Tanto dende o Servizo de Prevención Propio da Mutua, orientado aos seus empregados, como dende Prevención e Desenvolvemento da Cultura da Saúde, dirixido aos seus mutualistas, os equipos de Fraternidad-Muprespa centráronse en facilitar consellos de seguridade e protección para evitar contaxios. En total, máis de 250 accións de comunicación de prevención nuns momentos en que esta información era vital e imprescindible.

O Departamento de Comunicación mantivo actualizada de forma diaria a numerosa información e documentación a través de diversas canles, o que permitiu a empresas, mutualistas e asesorías dispoñer de actualizacións normativas ou resolver miles de dúbidas. Noticias nos portais web, actualización de contidos normativos e legais provenientes de fontes oficiais e institucionais, envíos segmentados de comunicacións vía correo electrónico e comunicacións en redes sociais serviron de ponte entre a Mutua e os seus grupos de interese.

Unha destas iniciativas, denominada “Mutualistas solidarios”, serviu para visibilizar a xenerosidade demostrada por centos de empresas asociadas, tanto grandes coma pemes, que contribuíron a paliar situacións de escaseza de recursos con doazóns de diversa índole.

Así mesmo, os traballadores da Rede de centros de Fraternidad-Muprespa tivo un protagonismo destacado nesta etapa, dado que son o nexo de unión máis próximo coas empresas mutualistas. Por iso reforzaron cos seus traballadores as numerosas xestións propias desta etapa, ao tempo que ofrecían información directa e os servizos de sempre.

Fraternidad-Muprespa quixo reflectir parte deste gran traballo nun podcast que contou coa participación do doutor Antonio Ortega, xefe da Área de Medicina Interna no Hospital Fraternidad-Muprespa Habana; Olvido Arenas, directora do Departamento de Produción, Sistemas e Comunicacións; Antonio de Cos, director do Servizo de Prevención Propio; Vicente San Pedro, director da delegación de Fraternidad-Muprespa en Porriño, Pontevedra; Juanjo Herrera, xefe de Área de Web e Deseño; Jesús Pedroso, do Departamento de Comunicación, e Carlos Maya, consultor de Prevención do Departamento de Prevención e Desenvolvemento da Cultura da Saúde, como un exemplo de como unha mutua, Fraternidad-Muprespa, viviu este tempo COVID-19
 

¿Te ha resultado útil?