Quiero ser verde imagen donde un flamenco y una rosa se tiñen de verde

Ven ao planeta verde, queres ser verde?

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O planeta Terra chegou o sábado día 22 de agosto de 2020 á súa data de sobrecapacidade natural é dicir, que aínda sen rematar o mes de agosto xa consumimos todos os recursos naturais que tiñamos previstos para este ano. E que implica? Que todo o que estamos a consumir dende ese día o estamos a facer á conta dos recursos de anos vindeiros, para comprendelo mellor, estamos a vivir á custa dos recursos de futuras xeracións.

A data que marca o punto de sobreexplotación anual do noso planeta denomínase ‘Overshoot day’ ou Día da Sobrecapacidade e representa unha potente e crítica chamada de atención sobre a imperiosa necesidade de transformar o noso modelo económico e de consumo.

Se ben é certo que o ano pasado o día 29 de xullo xa se alcanzara o límite de sobrecapacidade do planeta, (24 días antes que neste 2020) non podemos ignorar que o confinamento global ao que obrigou a crise actual coa paralización das actividades económicas condicionou radicalmente esa redución puntual, é dicir, non existiu unha correspondencia “negociada” e planificada de antemán para alcanzar esa diminución, senón que tiveron que intervir na ecuación factores alleos á vontade do home para conseguilo (probablemente o único aspecto positivo que poida atribuírselle ao coronavirus), porén, e o ano próximo? Poderemos considerar que esta mingua terá un efecto duradeiro? Pois moi probablemente non.

Non podemos disfrazar a realidade, necesitamos atrasar aínda máis esa data. Sería necesario rebaixar en 4,5 días anuais durante os próximos 30 anos a data de sobrecapacidade, para en 2050 poder volver situarnos dentro dos límites que nos permita o planeta. Por iso, as nosas accións, as túas, as miñas, as de cada un de nós a ámbito particular, deben primar a conservación da biodiversidade, apostar pola sostibilidade alimentaria e pola optimización dos recursos naturais. En Fraternidad-Muprespa témolo moi presente e certificámolo coas nosas Políticas de Calidade e Medio ambiente, con esta campaña animamos os nosos mutualistas, e os que non o son, a unirse no coidado do noso planeta a través da execución de políticas e accións que fagan da nosa contorna un medio moito máis saudable. Fraternidad-Muprespa, no seu compromiso coa protección do medio ambiente, incluída a prevención da contaminación e outros compromisos específicos pertinentes no contexto da organización, establece e garante o cumprimento dos seguintes principios de actuación:

  • Traballar de forma respectuosa co medio ambiente e cumprindo sempre os requisitos legais ambientais que nos son de aplicación, así como velar polo cumprimento doutros requisitos que a organización subscriba relacionados cos seus aspectos ambientais.
  • Minimizar os efectos ambientais producidos como consecuencia da actividade que desenvolvemos nas nosas oficinas e centros asistenciais e nas localizacións nas que prestamos a nosa actividade.
  • Planificar as nosas actividades de tal forma que asegure a prevención da contaminación, porque estamos comprometidos coa protección do medio ambiente a través dunha xestión de riscos que garante a mellora continua do noso comportamento no campo ambiental.
  • Debe estar aberta á participación activa de todo o persoal e ademais incluír as suxestións de mellora propostas polos nosos empregados, fomentando a mellora continua e prevención da contaminación.
  • Documentar, implantar e manter ao día a Política de Xestión Ambiental da empresa, así como comunicala a todas as persoas implicadas nos procesos da empresa.
  • Manter sensibilizados e concienciados a todos os seus empregados, fomentando a formación ambiental destes, e a participación dos traballadores na xestión ambiental, así como a comunicación cos subcontratistas a través do envío de comunicados.
  • Estar integrada na xestión global da empresa.
  • Poñer á disposición de todos os seus clientes, do público en xeral e do resto de partes interesadas a súa Política de Xestión Ambiental, seguindo co compromiso empresarial de transparencia e de diálogo que xa segue.
  • Fraternidad-Muprespa está certificada nas normas UNE-EN ISO 9001:2015 de calidade e UNE-EN ISO 14001:2015.
  • Fraternidad-Muprespa inscribiu a súa pegada de carbono e os compromisos de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

En España, a data de sobrecapacidade natural da Terra en 2020 chegou o pasado 27 de maio, o equivalente a 2,5 planetas.

Temos que ser rápidos e eficaces á hora de adoptar tanto solucións globais, como individuais, non resulta negociable confiar o noso modelo de sostibilidade só ao impacto de futuras pandemias, virus ou calquera outro azoute de natureza descoñecida. 

Somos milleiros e estamos todos xuntos no mesmo lugar, se uns poucos se despreocupan ou non queren pensar solucións, é cuestión de resignarse? Únete á acción, moitos cambios sinxelos son un grande éxito, se queres, podes ser diferente e escapar da inacción, para que o noso planeta non perda a súa cor, queres ser verde?