A pegada de carbono dunha organización é o total dos gases de efecto invernadoiro emitidos directa ou indirectamente a través da actividade desenvolvida por dita organización. O efecto invernadoiro é a causa do quecemento global e do cambio climático. A pegada de carbono pódese calcular e verificar segundo a norma ISO 14064-1 ou o Greenhouse Gas Protocol (GHG). Verifícase mediante auditorías independentes.
